Entradas

Mostrando entradas de abril, 2010

VISITAN A BIBLI OS NENOS E NENAS DA GALIÑA AZUL

Imagen
O mércores tivemos unha visita especial na biblioteca: os/as pequerrechos/as da Escola Infantil. Eles/as tamén festexaron este mes do libro con varias actividades e como non podía ser menos viñeron coñecer a nosa biblioteca. Estaban emocionados/as con tanta morea de libros e coa nosa mascota BIBLI que lles agasallou cun conto, un marcapáxinas e unha pegatina. Marcharon moi contentos/as sabendo que cando empece o novo curso eles/as disfrutarán deste fantástico lugar con moitas historias e aventuras por descubrir. Esperámosvos o vindeiro curso!!!

ENTREGA DE PREMIOS

Imagen
O xoves 29 entregáronse os premios do concurso do DÍA DO LIBRO. Non era nada fácil pero buscando entre libros e páxinas web estaban todas as respostas ás preguntas plantexadas. As gañadoras recibiron un agasallo polo seu esforzo e ilusión. Foron as seguintes: Alexandra, Marta, María, Lucía e Antía de 5º e Uxía de 3º. Grazas polo voso interese, chicas!!!

DÍA DO LIBRO

Imagen
Quixemos celebrar o DÍA DO LIBRO de forma sinxela pero sin deixalo pasar por alto. A mañá non daba para moito máis pero todos/as tivemos o noso momento na biblioteca. Os/as nenos/as de 5 anos e 1º ciclo, en colaboración coas familias, puidemos escoitar un conto de Pinocho que nos leu a mamá de Davi de 1º ; tamén escoitamos as historias reais que lle aconteceron á avoa de Paula de 5 anos así como lendas da historia do noso pobo contadas polos pais de Lucas e Pablo (de 1º e 2º). Os rapaces e rapazas máis pequenos/as, os de 3 e 4 anos, disfrutamos na biblioteca dun conto especial; o conto de "Lúa, lúa" de Kalandraka. Tivemos a sorte de escoitar o conto cantado polos/as compañeiros/as de 1º acompañados ao teclado por Alicia, a profe de música. Estivemos tan atentos que puidemos cantar todos xuntos esta fermosa historia. No 2º e 3º ciclo vimos un vídeo de como as imaxes tamén poden contar cousiñas ao igual que as palabras. O rematar puxémonos máns a obra e elaboramos as nosas

VISITA DE SUSANA LAMELA

Imagen
Tivemos a grandísima sorte de poder falar con SUSANA LAMELA a escritora de "Soños de Andel", o libro que nos deixaron os Reis Magos no Nadal aos nenos e nenas de 2º curso. Que ben o pasamos!... pois Susana recibiunos cunha chea de libros e contos moi divertidos. Tamén puidemos preguntarlle cousiñas (que só ela sabe) de ANI , a protagonista do seu conto, da bibliotecaria con cara de pingüín e dos demáis libros da biblioteca de LEMOITO... Que guai! A verdade é que o que máis nos gustou dela foi o seu soriso doce e alegre. Por todo iso e polo ben que nos recibiches GRAZAS SUSANA!!!

ZONA DE CONSULTA

O vindeiro venres 30 de abril, para rematar este mes adicado aos libros, inauguramos a “ZONA DE CONSULTA” na nosa biblioteca. Durante esta semana cada curso fixo unha sesión de formación de usuarios onde aprendimos como se organizan este tipo de libros, como se clasifican por cores e números coa CDU, cando os podemos consultar, como e cando se prestan... Que sorte temos de poder levar estes interesantísimos libros durante a fin de samana e canta información nos ofrecen.

CARTEL DO DÍA DO LIBRO

Imagen

DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR

Imagen
............................................................................. APRENDEMOS A APRENDER BUSCANDO INFORMACIÓN O día 23 de abril celébrase o"Día do Libro". Bibli proponvos, para esta semana, descubrir por que se celebra este día e non outro. Tes na biblioteca as follas de participación; contesta ben as preguntas e recibirás un agasallo. As respostas podedes atopalas nos seguintes enlaces presionando nas imaxes ou nos libros de informacion da biblioteca. DÍA DO LIBRO 2010 1. Por que se celebra o "Día do Libro"? 2. Por que se celebra ese día ? 3. Escribe o nome de dous escritores que morreron o mesmo día que Cervantes. 4. Escribe o nome completo, lugar, ano do nacemento e morte de Cervantes. 5. Por que se lle chamou "O Manco de Lepanto"? 6. Sabes o nome completo da súa obra máis coñecida? 7. Escribe as palabras, coñecidas mundialmente, coas que empeza "EL QUIJOTE". DÍA DO LIBRO VIDA E OBRA DE CERVANTES Busca,busca e as respostas atopar